Pustulado por iResponsable On 8:36 0 cometarros

A Biblia estaba equivocada. O verdadeiro xerme do Pecado Orixinal estivo nun dos primeiros días de rebaixas. Aquí o documento que o demostra.



Reaccións: 
Category : edit post

Hitler se entera de las trampas del Triviados

Pustulado por iResponsable On 8:12 0 cometarros

Reaccións: 
Category : edit post

A Derradeira Tarde deste Verán

Pustulado por iResponsable On 5:47 0 cometarros

Domingo pola tarde, apurando as derradeiras horas do estío, pois esa mesma noite coincide o equinocio. O sol, nun baldío intento por prolonga-lo seu dominio sobre as temperaturas está quentando con forza, pero por momentos aparece unha caprichosa brisa que nos fai lembrar que o tempo da supremacía do astro rei neste ano xa vai esgotado e tamén de que a estas alturas do ano iso de sair pola tarde sen nengún tipo de prenda de manga larga xa vai sendo case unha temeridade. Atópome nunha vila outrora mariñeira e señorial, hoxe turística e residencial, dando unha volta coa señora e cos nenos por un paseo que serpentea polo borde do mar. Despois de escoitar e rexeitar pacientemente os múltiples requerementos dos cativos termino capitulando (ficticiamente) ante a proposición de acudir á habitual tenda de lambetadas. O local está ateigado de parellas xoves, proxenitores e varios nenos van de expositor en expositor collendo un chisco aquí e un pouco alá, dando o aspecto de abellas saltando de flor en flor. Declino a invitación a entrar pois áinda que non rexeito un doce deses tampouco é que me atraian demasiado. Non así miña dona que por un instante está disposta a darlle un respiro á eterna dieta á que, coma case toda muller adulta, está sometida durante todo o ano, para tentar lograr, con maior ou menor éxito, aquel tipo que lucía 20 anos atrás e que servidor, todo hai que decilo, hoxe non bota nada de menos, aínda que as súas loubanzas por moi sinceras que sexan, non son tomadas moi en conta. O son da retransmisión dun partido de fútbol chégame dende un bar preto dalí, iso recórdame que me teño que poñer ó día dos resultados dos encontros do deporte rei. Extraio o teléfono móbil das apreturas do peto e unha vez desbloqueado prendo a conexión á rede de redes. Segundos despois varios zumbidos avísanme da existencia de varias mensaxes e de que varios dos meus contrincantes nun xogo online xa moveron ficha por así decilo, comprobo o estado de tódalas partidas pero solo me chegan a inquedar un pouco os avances de Rous. Resisto o impulso de devolverlle a xogada, "para facer só unha xogada non paga a pena", digo para mín, coñecedor de que en breves momentos tería que colle-lo coche e sair cara a casa. Absorto nesas cavilacións estaba cando un grupo de rapaces que rondarían os 12 ou trece anos, montados en bicicletas e patinetes, con pantalóns deses que lles chaman cagóns e de cores que danan a vista, toman ó asalto a beirarrúa molestando ós que alí estabamos agardando pacientemente. "Dentro dun ano eses son carne de botellón, pensei eu". Non sei que pensaría a muller que agardaba co carriño de bebé e que tivo que arrimarse para que este non fose golpeado nalgún dos múltiples chimpos e acrobacias que empezaron a face-los rapaces ó ver pasar pola rúa a un grupo de nenas da súa mesma idade. Ó ser reprendidos pola nai alonxáronse uns metros pero sen deixar de mirarnos con aire desafiante, para logo voltar a pasar moi cerca, coma aqueles que buscan pelexa pero que non se atreven a da-lo primeiro paso. Non sei se é porque estou vendo capítulos dunha serie acerca dunha familia de mafiosos ou porque tiña algo de síndrome de abstinencia polo xogo, o caso é que nese momento sentín un desexo irrefrenable de coller unha barra de ferro e empezar a romper bicicletas, patinetes, brazos, pernas, dentes e costelas daqueles rapaces. "Ben merecido o teñen por parvos", pensaba, "eu da súa idade era algo pero non tanto coma estes". Logo a idea do putas que as ían pasar aqueles "malotes" cando chegaran á idade adulta consoloume un pouco e a aparición na porta da xente da miña familia volveume ó meu habitual relaxado e indolente estado de ánimo. Xa de volta á casa a constatación de que pese ó día que era o tráfico era menos denso do que contaba púxome de bastante bo humor. Humor que para a miña desgraza ía durar pouco, pois nada mais mete-lo coche no garaxe a vista dunha xardineira lembroume que miña sogra viñera o día anterior a presionar á miña muller para que ela me ordenase cambia-las flores do cemiterio e de paso limpa-lo nicho, pois estaban cerca as festas patronais. As perspectivas de sexo despois de que os nenos fosen durmir eran bastante optimistas, así que tratei de non contrariar en exceso á filla de miña sogra e non puxen ningún tipo de pega á hora de levar a cabo aquela tarefa. Así que collín a escaleira de man, a xardineira, un rolo de papel de cociña, un producto de limpeza e saín cara o camposanto. Aparquei o coche cerca da porta principal e fun levando cara o panteón tódolos utensilios a utilizar. Non tardei en darme conta de que esquecera coller algo para abri-la porta do nicho (cun prendido do pelo mesmo vale), así que despois de comprobar de que tanto no peto coma dentro do automobil non había nada que me poidera valer acerqueime a un colector do lixo para ver se polas inmediacións atopaba algo que me servise, e así foi, pois ós poucos segundos din cun anaco de arame delgado. Satisfeito polo meu achádego volvinme disposto a levar a cabo a miña tarefa baixo a atenta observación de varias señoras que sobrepasaban con creces a idade de xubilación e que danzaban dun lado a outro do recinto criticando sabe dios qué. Chamoume a atención ver unha tumba do ano 1914 con flores recentes; "quén carallo sexa que puxo esas flores aínda non nacera cando o puto vello este morreu", pensei ó ve-la data da lápida. Collín o móbil disposto a sacarlle unha foto para comentala cos coñecidos, pero cando estaba a punto, unha inoportuna notificación fixo soar o tono de alerta e con elo atrae-la atención das vellas, que o verme puxeron mala cara. Recoñezo que nese momento me sentín coma un adolescente ó que cazan facendo algunha parvada, pero a cara das señoras indicaba algo así como "xa non eres un neno para andar con esas historias", así que un pouco avergoñado voltei a gardalo e fun a face-lo traballo que me levara a aquel sitio. A noticia de que non había moito alguén roubara dalí unha especie de carro que usaban para os enterros, xunto con que debido ós meus graves problemas de alerxia a locais onde se celebren cultos relixiosos (lugar habitual de reunión das vellas) deberon facerme, ante a vista conspiratoria das xubiladas, coma un descoñecido sospeitoso (xa se sabe que a televisión fai estragos nas mentes da 3ª idade). Cando xa estaba a piques de rematar, unha delas, con aire falsamente despistado foise achegando ata onde eu estaba e comezou o interrogatorio: -Sóname a túa cara pero non dou sacado de quen ves sendo -Normal, señora, eu nacín a 40 quilómetros daquí. -Pero agora entón vives aquí. -Aquí non, este é sitio para mortos, non para vivos. -Tí xa me entendes. -Sí, xa a entendín. -Entón eres familia de María, preguntou sinalando ó nicho. -Non, para nada. -¿Entón quen che mandou limpalo? -Mandar mandoume miña muller, pero a orde veu de miña sogra. -Claro, entón túa sogra é a Matilde, a filla de María. -Miña sogra non se chama Matilde -Entón ten que ser Carme, a que vive en Saiáns. -Disque sí -¿Cantas fillas ten, 2 non? -Que eu sepa sí. -¿E tí que estás casado, coa mais nova? -Non, coa mais vella. -¿E onde dixeras que vivías? -Non llo dixera, señora. -¿Pero na parroquia vives non? -Sí, no Rozo, mentín. -Pois non me sona de que túa sogra tivera terrenos alí (aí arrepentinme de mentir) -Pois tiña, señora. A puta vella, como vía que non me ía sacar moita información marchou un pouco contrariada pero antes aínda me dixo: -Pois mándalle recordos a túa sogra da miña parte, dille que son Juana a de Rogelio. -Espere sent... digoo, tranquila que en canto a vexa xa llo digo, mentín. Co medo a que algunha outra volvera á carga recollín todo como se dice vulgarmente "cagando ostias" e dispúxenme a abandoa-lo cemiterio tratando de sacar da miña cabeza a famosa frase de "o corpo pide terra, señora" Carguei todo no coche e saín pitando, pero cal foi a miña sorpresa que cando chego á casa alí estaba miña sogra: -¿Qué limpaches aquilo ben ou teño que ir eu a repasalo? -Para quen é, vale ben. -Tí protesta que cando morras a ver quen atende do teu nicho. -Eu non quero acabar nun nicho. -¿Entón qué queres, ser incinerado? Mira que iso é moi caro. -Dame igual, eu non o penso pagar. -A ver se vou facer eu o mesmo. -Faga o que queira, por mín ... -Pero vou deixalo por escrito e se non o cumplides quedades sen herencia. -Pois fale coa súa filla, que eu de todos xeitos non vou heredar un can. -Tí por non gastar eres capaz de tirar comigo en calquera esquina. -Son -Pois non che ía gustar nada se cho fixeran a tí. -Mire, eu unha vez morto impórtame un carallo o que fagan ou deixen de facer comigo. Como se me queren enterrar debaixo dunha viña ou tirar comigo ó contenedor, dame igual. -Pero no contenedor se tardan en recollerte vas a cheirar mal. -Non ha de ser moito peor ca o que cheira agora por aquí, espeteille sorrindo entre os dentes. -¡Como colla un pau vas cheirar, vas! E con esas din media volta e marchei deixando á miña sogra bufando para os seus adentros.

Reaccións: 
Category : edit post

O Equipo A contra O Coche Fantástico

Pustulado por iResponsable On 22:06 2 cometarros

Todos os que medramos vendo esas series desexamos algunha vez que actuaran xuntos na pantalla, pois aquí están.
Aínda que parece que non levaban moi ben o asunto das audiencias.


video

Reaccións: 

Hitler queda sen puntos do carnet

Pustulado por iResponsable On 20:41 0 cometarros

Agora o pobre home terá que ir a tódolos sitios de paquete.

Reaccións: 

NOVACAIXAGALICIA ou NOCAGA

Pustulado por iResponsable On 2:00 0 cometarros

Hoxe fíxose público o nome que vai porta-la entidade xurdida da fusión de Caixanova e Caixa Galicia.
Polo que lín no Faro de Vigo parece ser que vai ser NOVACAIXAGALICIA, marca que parece non gustar a moita xente, entre os cales me inclúo pois persoalmente penso que podían elixir algo máis enxebre ou orixinal e non esa amalgama formada pola suma das antigas denominacións.
Aínda así o meu descontento dista moito da carraxe que gasta algún que outro personaxe coñecido:

Reaccións: 

Dende fai mais dun ano no Youtube véñense sucedendo diversas parodias sobre esceas da película "El Hundimiento" onde se narran os derradeiros días de Hitler antes da caída de Berlín. As parodias en cuestión consisten en coller unha escea (ten que cumpli-la condición de que o dictador esté ben anoxado) da película orixinal en Alemán e poñerlle subtítulos canto máis disparatados mellor. Así podemos ver diversas parodias sobre o pasado Mundial de fútbol, o finado Pulpo Paul, cando o ordenador pillou un virus, cando Belén Esteban volta de vacacións, a versión de Ramoncín, etc, etc, etc. So tendes que dar unha volta polo famoso portal de vídeos e comprobarédelo por vos mesmos.
En canto as vin dixen para mín, "eu tamén quero" e sen ter dun principio nin puta idea pouco a pouco a cousa foi salindo e velaiquí o resultado.


Vós diredes.
Agardo que non vos disgustara moito.

Reaccións: 

Sejidores

Jalisian Music

Loading...