Hitler queda sen puntos do carnet

Pustulado por iResponsable On 20:41 0 cometarros

Agora o pobre home terá que ir a tódolos sitios de paquete.

Reaccións: 

NOVACAIXAGALICIA ou NOCAGA

Pustulado por iResponsable On 2:00 0 cometarros

Hoxe fíxose público o nome que vai porta-la entidade xurdida da fusión de Caixanova e Caixa Galicia.
Polo que lín no Faro de Vigo parece ser que vai ser NOVACAIXAGALICIA, marca que parece non gustar a moita xente, entre os cales me inclúo pois persoalmente penso que podían elixir algo máis enxebre ou orixinal e non esa amalgama formada pola suma das antigas denominacións.
Aínda así o meu descontento dista moito da carraxe que gasta algún que outro personaxe coñecido:

Reaccións: 

Dende fai mais dun ano no Youtube véñense sucedendo diversas parodias sobre esceas da película "El Hundimiento" onde se narran os derradeiros días de Hitler antes da caída de Berlín. As parodias en cuestión consisten en coller unha escea (ten que cumpli-la condición de que o dictador esté ben anoxado) da película orixinal en Alemán e poñerlle subtítulos canto máis disparatados mellor. Así podemos ver diversas parodias sobre o pasado Mundial de fútbol, o finado Pulpo Paul, cando o ordenador pillou un virus, cando Belén Esteban volta de vacacións, a versión de Ramoncín, etc, etc, etc. So tendes que dar unha volta polo famoso portal de vídeos e comprobarédelo por vos mesmos.
En canto as vin dixen para mín, "eu tamén quero" e sen ter dun principio nin puta idea pouco a pouco a cousa foi salindo e velaiquí o resultado.


Vós diredes.
Agardo que non vos disgustara moito.

Reaccións: 

Antoloxía de Belén Esteban Presidenta

Pustulado por iResponsable On 8:05 0 cometarros

 Nada mais dar comezo este ano ó que xa lle queda pouco, un sorprendíase do que publicaban en Votoenblanco.com.



Seguro que a mais de un lle viu o sorriso á  cara ó ler isto y algún que outro poida que atopase certo paralelismo entre este suposto caso e o de Xose María Ruíz-Mateos que así coma quen non quere a cousa e con tódalas coñas conseguiu unha acta de Eurodeputado.

Pasaron os meses e mais ou menos as augas foron volvendo á súa canle. Trala súa multioperación estética a Esteban pouco a pouco foi retomando as rendas de Tele 5 ata que marchou de vacacións.

E ó voltar ...


Xa vistes como se puxo o mesmo Adolf Hitler.

Ó que iba, pois nada mais voltar de vacións (ela) atopámonos con este tinglado.


Supoño que coa intención de gañar audiencia a costa das inquedanzas da xente explicaron que contrataran a unha desas empresas, ou o que carallo queira que sexan, que se adican a facer enquisas, e que sen estar aínda en posesión dos resultados definitivos, sí podían afirmar que a pastrana esta obtería acta parlamentaria.

E vendo como é este país de merda no que nos tocu vivir, eu créoo.

Como ós dirixentes de la Canle Amiga aínda lles semellaba pouco, e froito, creo, da casualidade, crearon un programa co mesmo formato co de "Tengo Una Pregunta Para Usted"  o que titularon "España Pregunta, Belén Responde", no que a tiparraca esta respostaba ás preguntas que lle formulaba o público.
Claro está TVE, que é a canle que ostenta los dereitos de formato do citado programa denunciounos e un xulgado prohibiu o luns pasado a súa emisión en cualquer tipo de medio de comunicación.

E entón vai e aparece isto:


E eu pregúntome, ¿non será capaz de verdade da boa de presentarse ás eleccións o especimen este?


E se iso sucedera, ¿quen ladraría en Sálvame?


Hoxe entereime tamén que vai aparecer nalgún que outro capítulo de Aída interpretándose a sí mesma.

¿Qué será o próximo?, ¿tal vez que Tele5 presione á produtora de CSI para que sexa a nova axudante de Grissom ou de Horatio?

Todo pode pasar coa Princesa del Pueblo.

Reaccións: 

Feijoo e Alicia Sánchez Camacho

Pustulado por Juan Tamenela On 3:50 0 cometarros

Este domingo o señor Feijoó acompañou á siliconada candidata a presidencia da Generalitat de Catalunya Alicia Sánchez Camacho nun acto electoral en Barcelona.

Supoño que aproveitarían este evento para tratar diversos temas de vital importancia para todos nós.

Reaccións: 

Chegou a HDTB

Pustulado por Juan Tamenela On 4:09 0 cometarros

Xa chegou a HDTB ou o que é o mesmo, a Telebroza en Alta Definición.

Reaccións: 

Waka - Waka de Tráfico - Land Rober

Pustulado por Juan Tamenela On 19:26 0 cometarros

Roberto Vilar  (o artista antes coñecido coma Tonecho) e Xose Touriñán os dous máximos expoñentes do programa da TVG Land Rober fixeron unha particular versión do Waka - Waka de Shakira que triunfou en Youtube esta pasada semana.

Ahí vos queda:

Reaccións: 

Ajrincultura

Pustulado por Juan Tamenela On 1:54 1 cometarros

Reaccións: 

¡Retírate Jayoso!

Pustulado por Juan Tamenela On 3:06 1 cometarros


Podes ve-la noticia no seu contexto orixinal en Farodevigo.es

Reaccións: 

Babosa Díez

Pustulado por Juan Tamenela On 10:08 1 cometarros

Algo tiña que facer referente ó que dixo a tiparraca esta.

Reaccións: 

Aznarway to Heaven

Pustulado por Juan Tamenela On 18:09 0 cometarros

Se non che gustou a famosa escultura exposta no ARCO e moito menos o deshonrroso xesto do Asnar ós que o criticaron será porque non viras isto:


Que non se me mosquee ninguén.

Reaccións: 

APOTAR

Pustulado por Juan Tamenela On 9:49 0 cometarros

Para os que teñen a dixestión pesada.

Reaccións: 

PERDIDOS

Pustulado por Juan Tamenela On 9:47 0 cometarros

Axúdaos a encontra-lo camiño que nos saque da crise.
Tódolos días nos seus telexornais.

Reaccións: 

Xeración NIN-NIN (II)

Pustulado por Juan Tamenela On 4:51 0 cometarros

Reaccións: 

Xeración NIN-NIN

Pustulado por Juan Tamenela On 4:46 0 cometarros

Reaccións: 

Sejidores