Nada mais dar comezo este ano ó que xa lle queda pouco, un sorprendíase do que publicaban en Votoenblanco.com.
Seguro que a mais de un lle viu o sorriso á cara ó ler isto y algún que outro poida que atopase certo paralelismo entre este suposto caso e o de
Xose María Ruíz-Mateos que así coma quen non quere a cousa e con tódalas coñas conseguiu unha acta de Eurodeputado.
Pasaron os meses e mais ou menos as augas foron volvendo á súa canle. Trala súa multioperación estética a
Esteban pouco a pouco foi retomando as rendas de
Tele 5 ata que marchou de vacacións.
E ó voltar ...
Xa vistes como se puxo o mesmo
Adolf Hitler.
Ó que iba, pois nada mais voltar de vacións (ela) atopámonos con
este tinglado.
Supoño que coa intención de gañar audiencia a costa das inquedanzas da xente explicaron que contrataran a unha desas empresas, ou o que carallo queira que sexan, que se adican a facer enquisas, e que sen estar aínda en posesión dos resultados definitivos, sí podían afirmar que a pastrana esta obtería acta parlamentaria.
E vendo como é este país de merda no que nos tocu vivir, eu créoo.
Como ós dirixentes de la
Canle Amiga aínda lles semellaba pouco, e froito, creo, da casualidade, crearon un programa co mesmo formato co de
"Tengo Una Pregunta Para Usted" o que titularon
"España Pregunta, Belén Responde", no que a tiparraca esta respostaba ás preguntas que lle formulaba o público.
Claro está
TVE, que é a canle que ostenta los dereitos de formato do citado programa denunciounos e un xulgado
prohibiu o luns pasado a súa emisión en cualquer tipo de medio de comunicación.
E entón vai e aparece isto:
E eu pregúntome, ¿non será capaz de verdade da boa de presentarse ás eleccións o especimen este?
E se iso sucedera, ¿quen ladraría en Sálvame?
Hoxe entereime tamén que vai aparecer nalgún que outro capítulo de
Aída interpretándose a sí mesma.
¿Qué será o próximo?, ¿tal vez que
Tele5 presione á produtora de
CSI para que sexa a nova axudante de
Grissom ou de
Horatio?
Todo pode pasar coa
Princesa del Pueblo.