Antoloxía de Belén Esteban Presidenta

Pustulado por iResponsable On 8:05

 Nada mais dar comezo este ano ó que xa lle queda pouco, un sorprendíase do que publicaban en Votoenblanco.com.



Seguro que a mais de un lle viu o sorriso á  cara ó ler isto y algún que outro poida que atopase certo paralelismo entre este suposto caso e o de Xose María Ruíz-Mateos que así coma quen non quere a cousa e con tódalas coñas conseguiu unha acta de Eurodeputado.

Pasaron os meses e mais ou menos as augas foron volvendo á súa canle. Trala súa multioperación estética a Esteban pouco a pouco foi retomando as rendas de Tele 5 ata que marchou de vacacións.

E ó voltar ...


Xa vistes como se puxo o mesmo Adolf Hitler.

Ó que iba, pois nada mais voltar de vacións (ela) atopámonos con este tinglado.


Supoño que coa intención de gañar audiencia a costa das inquedanzas da xente explicaron que contrataran a unha desas empresas, ou o que carallo queira que sexan, que se adican a facer enquisas, e que sen estar aínda en posesión dos resultados definitivos, sí podían afirmar que a pastrana esta obtería acta parlamentaria.

E vendo como é este país de merda no que nos tocu vivir, eu créoo.

Como ós dirixentes de la Canle Amiga aínda lles semellaba pouco, e froito, creo, da casualidade, crearon un programa co mesmo formato co de "Tengo Una Pregunta Para Usted"  o que titularon "España Pregunta, Belén Responde", no que a tiparraca esta respostaba ás preguntas que lle formulaba o público.
Claro está TVE, que é a canle que ostenta los dereitos de formato do citado programa denunciounos e un xulgado prohibiu o luns pasado a súa emisión en cualquer tipo de medio de comunicación.

E entón vai e aparece isto:


E eu pregúntome, ¿non será capaz de verdade da boa de presentarse ás eleccións o especimen este?


E se iso sucedera, ¿quen ladraría en Sálvame?


Hoxe entereime tamén que vai aparecer nalgún que outro capítulo de Aída interpretándose a sí mesma.

¿Qué será o próximo?, ¿tal vez que Tele5 presione á produtora de CSI para que sexa a nova axudante de Grissom ou de Horatio?

Todo pode pasar coa Princesa del Pueblo.

Reaccións: 

0 Response to "Antoloxía de Belén Esteban Presidenta"

Sejidores

Jalisian Music

Loading...