Hitler entérase que o Papa permitiu o uso do condón

Pustulado por iResponsable On 21:56

Dende fai mais dun ano no Youtube véñense sucedendo diversas parodias sobre esceas da película "El Hundimiento" onde se narran os derradeiros días de Hitler antes da caída de Berlín. As parodias en cuestión consisten en coller unha escea (ten que cumpli-la condición de que o dictador esté ben anoxado) da película orixinal en Alemán e poñerlle subtítulos canto máis disparatados mellor. Así podemos ver diversas parodias sobre o pasado Mundial de fútbol, o finado Pulpo Paul, cando o ordenador pillou un virus, cando Belén Esteban volta de vacacións, a versión de Ramoncín, etc, etc, etc. So tendes que dar unha volta polo famoso portal de vídeos e comprobarédelo por vos mesmos.
En canto as vin dixen para mín, "eu tamén quero" e sen ter dun principio nin puta idea pouco a pouco a cousa foi salindo e velaiquí o resultado.


Vós diredes.
Agardo que non vos disgustara moito.

Reaccións: 

0 Response to "Hitler entérase que o Papa permitiu o uso do condón"

Sejidores

Jalisian Music

Loading...